A loita no auga deixa apertas, desfeitas, bicos, bandeiras e celebración

Campionato de España de traineiriñas en Meira. O club de Samertolaméu busca un dobrete moi compricado de acadar. Cinco rúas, cinco embarcacións en cada final para a gloria. Un premio maior e dous menores. A película fotográfica dunha mañá solleira de remo é a seguinte:

As tripulacións en busca da gloria…

campeontaespanhaseleccion-3

… cuns vascos de boa virada e un vigués (Zunzunegui) na popa…

campeontaespanhaseleccion-1

… e outros con remada longa que cheira a título…

campeontaespanhaseleccion-2

… con título ou sen él, a regata deixa ós deportistas sen folgos…

campeontaespanhaseleccion-4

… ou con gañas de darlle unha aperta a compañeira que está máis preto…

campeontaespanhaseleccion-9

… nun campionato con bandeiras galegas no podio de honra…

campespanha-24

… nunha maña na que Cabo da Cruz trasladou a súa casa ó peirao de Meira…

campeontaespanhaseleccion-7

… pero onde o ‘trapo’ máis cotizado o alcanzaron as rapazas de Samertolaméu por quinta vez consecutiva…

campeontaespanhaseleccion-6

… para completar o particular cadro de honra con Mecos e Urdaibai

campeontaespanhaseleccion-10

Todas estas historias teñen nomes propios como os de Andrea Oubiña, Antía Domínguez, José Antonio Serradilla e Toni Montenegro entre outros. Clubes como o local de Samertolaméu, Chapela, Tirán, Urdaibai, Mecos ou San Juan. En definitiva, un resumo visual dunha mañá de Campionato de España en Meira con reparto de título e tamén de postos no podio.

Para crónicas máis elaboradas busquen en Todoremo.