A pescada con vistas ó río Lima, o restaurante Alameda

alamedapontedelimab (1)

Ponte de Lima é unha das miñas debilidades. Non é a primeira ocasión que traio a vila máis antiga de Portugal a este blog (e pode que non sexa a última). Pero hoxe toca falar dun dos motivos concretos polos que sinto devoción por este lugar.

Está situado nun recuncho do centro e a uns metros da ponte sobre o río Lima. O primeiro día que crucei a súa porta chovía e, para que negalo, era o lugar que pinta menos mala tiña. A experiencia non podería ser mellor. O seu nome é Restaurante Alameda e, aínda que pareza mentira, non escóllemos bacallau.

Naquela primeira visita a terraza estaba recollida e, tras varios minutos de indecisión, pedimos a pescada para dous ó prezo de 15 euros. Isto significa comer uns lombos deste peixe preparados de xeito sublime, acompañados por unha fonte inmensa de patacas, outra de arroz e unha ensalada. Do último elemento non podo falar, a cantidade de comida foi tal que as dúas veces que pasei por alí regresou para a cociña tal cal como saíu.

pescadaalameda

Na segunda ocasión, en outono pero con sol, non quedaba sitio dentro do local pero si na terraza. Por sorte, o tempo permitía cambiar as vistas ós cadros das ‘cheias’ históricas da vila cunha panorámica do río Lima mentres as follas secas percorrían o camiño paralelo ó curso da auga. A pescada estaba igual de saborosa que na primeira ocasión…

Collías un anaco de peixe e tiñas que repetir, despois querías combínalo coas patacas e, tralo primeiro bocado, repetías uns poucos máis do bo que estaban e esquecías regresar o anterior. O mesmo pasaba co arroz. O prezo, o mesmo que na anterior ocasión e a barriga igual de chea. Menos mal que hai moito paseo ó longo do Lima.


style="display:inline-block;width:468px;height:60px"
data-ad-client="ca-pub-3959664686232015"
data-ad-slot="1793598026">

http://turismo.pontedelima.com/restaurante-alameda/

pescadaalameda (1)

 

Outros artigos:

Una lamprea entre romanos ahogados

Vilas de pontes e pontes irmás

La inquietante belleza de un cementerio en 360 grados

Ponte de Lima en 360 grados y con tecnologías distintas