Alerta vermella de ondas con fotografías en Baiona

baionaolas-4

Unha alerta vermella no mar. Qué significa? Os barcos ó porto, os mariñeiros sen gañar un can e, tamén, coa preamar un importante número de curiosos que se achegan á costa para contemplar o mar mentres as ondas chegan ata paseos marítimos, derruban muros ou desfán os ‘adosados’ en primeira liña de praia nun recordo de que alí non deberían erguerse.

Isto non ocorreu na costa de Baiona. Alí reuniuse un centenar de persoas para contemplar as ondas. Primeiro na estrada que conduce a Baiona e, cando a estrada tivo que ser cortada porque o auga chegaba ata o asfalto, no paseo martímo. A parella da policía municipal viuse na obriga de cruzar o coche na rotonda estratexicamente situada para recibir unha onda de vez en cando. Os axentes do orde público eran os únicos que non estaban alí por vontade propia e dos que máis se tiveron que mollar.

Outros, tras descubrir unha boa posición, regresan coa cámara fotográfica na man e algo resignados cando eran afastados dunha zona de risco. Os pequechos, protexidos polo muro do paseo, xogaban a esperar a chegada do auga e escapar se as pingueiras superaban a protección. Non obstante, sucedía que nunca estaba claro por onde o farían. Entón, uns estaban relaxados vendo cara outros e, sen pensalo, remataban completamente mollados.


style="display:inline-block;width:468px;height:60px"
data-ad-client="ca-pub-3959664686232015"
data-ad-slot="1793598026">

baionaolas-7

Así pasaban os minutos mentres os máis ousados tentaban retratar o momento en primeira liña. Uns metros detrás, os curiosos contemplaban ó lonxe como as ondas levantaban por enriba da estrada antes de rachar e esperaban que o valente fotógrafo afeccionado saíra completamente mollado por unha das ondas fortes. Sucedeu en máis dunha ocasión. O auga chegaba o paseo marítimo empapaba o que estaba na primeira liña e os sorrisos debuxábanse na faciana dos que se mantiñan na segunda.

Non se leven a engano, no centro de Baiona non existía perigo de desaparicións. O único que podía suceder era saír completamente mollado e moita xente pagou unha boa instantánea con este prezo. Había que estar desperto para adiviñar cando a onda pegaba contra a pedra para elevarse unha decena de metros e deixar as imaxes precisas. En definitiva, unha alerta vermella non se da tódolos días e, coa debida precaución, a preamar con ondas de dez metros é un espectáculo natural, visual e de son, que cómpre desfrutar e non esquecer porque, o mar, con toa a súa forza, pode reclamar con virulencia o que é seu.

 

style="display:inline-block;width:468px;height:60px"
data-ad-client="ca-pub-3959664686232015"
data-ad-slot="1793598026">