Allariz, unhas postais que non transmiten a súa beleza real

Allariz é pedra e auga. Historia, modernidade e ruralidade. En calquera caso, é un deses lugares tocados pola natureza para ser fermoso e no que o home antigo actuou coa paciencia das casas do rural galego e o home moderno non o destruíu. En definitiva, Allariz é unha localidade das de obrigada visita en Galicia, atreveríame a dicir que está entre os cinco primeiros lugares que se teñen que percorrer por diante de moitas cidades. Aquí está a miña colaboración con equipaxedeman.com de hai unhas semanas e deixo abaixo a galería completa de fotografías.