Gañarse ó cliente cunha lata de sardiñas ou un exemplo de marketing nas raíces

sardinas2

R é unha empresa que busca a identificación con Galicia ademais dunha publicidade innovadora, altamente creativa. Desta forma, trata de conxugar estes dous factores de xeito acertado e a miña caixa chegou unha lata de sardiñas un pouco especial. Cunha caixiña de Samsung e unha tarxeta SIM.

Deste xeito, a compañía coida ós seus clientes e transmite os seus valores no denominado ‘packaging’. Perfectamente coidado. A bandexa típica na que se sirve o peixe en prazas e supermercados, un sobre decorado con coitelos e garfos, publicidade creativa dun seguro do móbil e o propio teléfono na caixa de Samsung. Por último, a SIM nunha caixa pequena de plástico e co debuxo da lata de sardiñas. Unha imaxe identificable por calquera galego, que por algo hai decenas de conserveiras nas costas do país.

Polo tanto, pódese adiviñar neste esforzo de marketing, un estudo concienciudo ademais dun claro punto de atrevemento. R trata de facer unha publicidade con claras raíces na cultura galega pero, ó mesmo tempo, facela de xeito moderno. Este último aspecto é imprescindible para unha empresa de teléfono, ADSL e televisión por cable. Negocios do século XXI.

sardinas1

Por este motivo coida a presentación e a súa publicidade, case sempre en galego, porque así tamén insiste no seu intento de identificación. Quere ser a compañía de comunicacións galega e exerce como tal, na publicidade e no trato co cliente. Faino sen caer nos habituais tópicos e o consegue facelo nunha liña de tradición claramente creativa.

Por último, en todo o proceso de cambio doutra compañía a R só puiden advertir un pequeno defecto nesta acertada política de comunicación. O contrato estaba en catalán. Un erro que deberían corrixir canto antes e ter tamén copias en galego, como no resto de procesos nos que o cliente conversa coa empresa.