Novagalicia Banco opta polo plaxio publicitario ‘low cost’

Novagalicia Banco, a entidade venezolana trala venta por parte do goberno español a Banesco, parece que comeza as súas novas campañas de marketing directo. De feito, o outro día cheguei a casa e atopeime unha carta en forma de lata de sardiñas. Traballada aínda que algo ‘cutre’. Era unha publicidade da entidade financeira na que me ofrecían un crédito, aínda que estou seguro que non son o seu público (pero é outro tema).

A cuestión é que recordoume moito a actuación de R hai uns meses e que subín a este blog por parecerme extremadamente brillante e ben feita. Claro, que a marca de telefonía, presentaba a súa tarxeta para o móbil en forma de lata de sardiñas, pero o ‘pack’ viña completo coa bandexa e o sobre explicativo.

Polo tanto, lonxe de ser unha campaña ben pensada para conquistar ós galegos, como podería parecer nun principio, Novagalicia Banco optou por un absoluto plaxio das accións da telefónica que actúa en Galicia. Como a R parece que as cousas estanlle a saír máis ou menos ben, a dirección da entidade financeira opta por ‘inspirarse’ na súa publicidade antes de pensar, crear e deseñar unha liña promocional propia e orixinal.

sardinas1

A isto sería preciso engadirlle que a proposta de Novagalicia é menos coidada que a de R. Do pack completo que entrega a telefónica, o banco opta por unha carta en papel groso que da a sensación de pouco elaborada e algo feble. Un plaxio ‘low cost’, en tódolos sentidos.



style="display:inline-block;width:468px;height:60px"
data-ad-client="ca-pub-3959664686232015"
data-ad-slot="1793598026">

P.D. No seu día xa escribín algo sobre a comunicación de Novagalicia Banco. Parece que, por agora, non atopan o camiño.