Ó lonxe, cara nós, racha, salta e remansa. A onda

As ondas teñen ó seu particular proceso cando chegan a terra. Están ó lonxe, pódense ver como se elevan, pouco a pouco aproxímanse cara terra mentres forman os habituais tubos. Entón, pegan contra unha rocha, parte do auga salta varios metros e volve a caer máis adiante cando predomina a cor branca da escuma. O obstáculo quedou inundado e uns segundos despois, repetírase o recital.

A seguinte serie de fotografías mostra unha das ondas que bateron este inverno nas xornadas de alerta vermella na costa da localidade de Baiona.

Onda Baiona