O peixe do mercado ó prato, galería de preparacións

Esta entrada non é para calquera, é para amantes do mar e do peixe. Unha combinación de preparados de produtos frescos recén saídos do mar. A miña irmá (margapeixesemariscos.com) ten uns postos no Mercado de Redondela e o que alí se vende é transformado pola miña nai (case sempre) e algunhas veces por min para saborear doradas, pescadas, sargos, vieiras, lagostinos, navallas, xurelos… Todo o criado no mar e que agora mostro nunha galería. Así se poden cociñar: O peixe no prato.

Comezamos cunha ración de lagostinos con navallas

langostinos

Seguimos por unhas vieiras preparadas de xeito tradicional

vieira-3

Entramos na maridaxe, dous exemplos de pescada con ameixas

almejasmerluza

pescadaconaameixas-3

Agora un par de pratos lixeiros. Uns xurelos da ría ben acompañados…

xurelos

… e un coruxo pasado pola prancha

coruxococinado-1

Chega o momento dunha debilidade, a dorada…

dorada

… que no verán pode ser preparada á grella (moi recomendable)

grellla

peixeagrrella2

Un sarguiño ó forno con patacas sempre entra ben…

sargo

… e senón gusta, collemos a bandexa grande e metemos un pouco de todo. Que aproveite

guiso

P.D. Todos estes peixes poden atoparse no Mercado de Redondela e a través de margapeixesemariscos.com