Triple perspectiva para rematar no plano aberto, un saltón

saltamontescomposicionpeque

Habitual paseo coa cámara polos camiños rurais próximos a miña casa para captar algunha fotografía de paxaros, bolboretas ou o que se poida. Unha boa excusa para tomar aire fresco. Ese día, apareceron algúns saltóns e, un en concreto, portouse especialmente ben e púxose de tódalas formas que puido para quedar ben na fotografía. A imaxe coa que comeza este artigo é unha composición con tres perspectivas diferenciadas. Porén, sexa polo pequeno tamaño do animal ou polas dificultades do enfoque, a instantánea que quedou mellor é o plano máis aberto de debaixo. O saltón parece que gaña en beleza no seu contexto natural, pousado nun toxo. Non era a intención, pero sucedeu.


saltamontes1web (15)