Unha historia de barbeiros, cabalos tolos, lume e dólares en Redondela

Unha historia do equipo francés de hípica, de cabalos tolos, de homes metidos nunha pantalla de televisión ou de artistas con lume nas mans que pasan a gorra. Foron algúns dos elementos presentes no Festival Internacional de Títeres 2014 de Redondela. Houbo monicreques con tristura e unha cuadrilla de fuxitivos repartindo dólares. Puidéronse atopar vacas, touros e un peculiar motorista ó ritmo de Guns N’Roses. Tamén pasaron por alí xigantes, bailaríns, mimos ou charangas de ritmo especial con artista espontáneo. Pero, sobre todo, centos de nenos (e maiores) gozaron coa particular tolemia anual redondelá que se resume nas seguintes imaxes.

A historia do ano 2013 foi esta.