Un día o xabaril perdedor conquistou unha vitoria

vitoriadoperdedor2corto

Un dito popular recollía aquilo de “en terra de lobos, ouvear coma eles”. Puidera ser o que aplicou aquel xabaril que se quedou sen irmáns ás poucas semanas de nacer tras un ataque dos canidos e no que se salvou de milagre. Converteuse nun animal da noite. Polo día repousaba e coa saída da lúa percorría ós montes e os vales.

Primeiro estivo escondido, despois comezou a estudar ós seus rivais e, por último, chegou o momento de mimetizarse. Comezou a cazar como eles, aínda que as pezas eran perfectamente escollidas. Só engulía aquilo que cheiraba mal. O que facía dano, o que non merecía camiñar sobre as fragas e as carballeiras eran os que sufrían o seu ataque.

Así, deste xeito, converteuse nun xabaril-lobo. Non tiña familia e case non tiña sentementos. Limpou os bosques ata chegar o derradeiro momento ataque, aquel feito tralo duro camiño de máis dunha semana a un lobo con pico de corvo. No centro da súa terra amada. Alí acadou a vitoria o perdedor.

 vitoriadoperdedor2

 

Por se non está claro, a historia de Carlos G. Reigosa non é sobre animais, os protagonistas son homes. 

A vitoria do perdedor. 240 páxinas.
Autor: Carlos G. Reigosa.
Editorial Xerais.
Temática: Posguerra.
Ficha en Amazon